DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2025 Páx. 13498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, de notificación dun incumprimento en materia de montes.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e debido á infrutuosa notificación dun requirimento para a retirada dunha repoboación forestal ilegal, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os actos foron adoptados pola directora territorial.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Montes do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 13.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á súa finalización.

Lugo, 6 de febreiro de 2025

María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

NIF persoa interesada

Referencia catastral das parcelas afectadas

Acto de notificación

APE 133/2023

47353826T

27020A420037700000PR

Requirimento

APE 133/2023

47362807B

27020A420037700000PR

Requirimento