De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación da citación no último domicilio das persoas interesadas sen poder efectuala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio comparezan no Rexistro de Parellas de Feito para comunicarlles o contido da citación. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
No caso de non facelo, teranse por desistidas da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.
O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme a todos os efectos regulamentarios.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Pontevedra, 5 de febreiro de 2025
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
PO-2024/00908 |
48967521S |
|
PO-2024/00908 |
76996452L |
