DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2025 Páx. 13480

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2025 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Medicina.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 4 de novembro de 2024 (BOE do 18 de novembro de 2024), para a provisión da praza número 24/018 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Medicina, Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas desta universidade, a favor de Laura Lorenzo López, con DNI núm. ***6203** e unha vez que a persoa interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Laura Lorenzo López profesora titular de universidade da área de coñecemento de Medicina, Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas desta universidade.

No prazo máximo de vinte días contado desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante este reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro de 2015).

A Coruña, 11 de febreiro de 2025

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado da Universidade da Coruña