Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:
– Data da resolución: 31.10.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 13-20-22-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e instalación dun quiosco titularidade do interesado para o desenvolvemento da actividade de venda de produtos alimentarios, bebidas e snacks.
Porto: Cangas.
Concesionaria: Judit López Paz.
Superficie concedida no título concesional: 13 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: cinco (5) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 37,07 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha contía fixa de 3.000 € anuais pola venda de produtos comestibles sen elaboración, bebidas e/ou non comestibles.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.
– Data da resolución: 5.11.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 13-14-24-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación de edificio e de instalacións para ensinanzas náuticas de remo.
Porto: Combarro.
Concesionario: Concello de Poio.
Superficie concedida no título concesional: 623 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: dez (10) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 15.772,21 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de ensinanzas náuticas.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.
– Data da resolución: 13.11.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-43-23-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e voo e dos edificios para o desenvolvemento de actividades de fabricación de xeo e cámaras frigoríficas.
Porto: Portosín.
Concesionario: Confraría de Pescadores de Portosín.
Superficie concedida no título concesional: 410 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: quince (15) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 14.350,86 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de fabricación de xeo e do 1,5 % das actividades portuarias de naves de almacenaxe.
Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.
Taxa TODP con bonificación: 1.431,68 € anuais (IVE excluído).
– Data da resolución: 14.11.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-04-24-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e soterrado con destino a centro de transformación e liña de baixa tensión.
Porto: Cedeira.
Concesionario: Confraría de Pescadores de Cedeira.
Superficie concedida no título concesional: 111 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: vinte e cinco (25) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 1.092,83 € anuais (IVE excluído).
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: non.
– Data da resolución: 25.11.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 14-01-24-C-6.
Obxecto da concesión: edificio para almacenaxe de minerais.
Porto: Ribadeo.
Concesionario: Euroarce Caolines, S.L.
Superficie concedida no título concesional: 360 m2.
Investimento: 24.650 €.
Prazo da concesión: trinta e seis (36) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 10.920,99 € anuais (IVE excluído) e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de naves de almacenamento de mercadoría expedida por vía marítima.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: non.
– Data da resolución: 12.12.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-48-19-C-2.
Obxecto da concesión: ocupación do edificio 12.48.edf.016 (parcial) para almacén, punto de distribución e repartición de materiais, compoñentes e repostos mecánicos e eléctricos e apoio loxístico para a actividade de instalación e mantemento de instalacións eléctricas navais.
Porto: Ribeira.
Concesionario: Electro Naval Perfecto, S.L.
Superficie concedida no título concesional: 152 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: 10 (dez) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 6.994,70 € anuais (IVE excluído), en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuariom e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades de talleres de reparación e depósito de embarcacións.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: si.
– Data da resolución: 17.12.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-05-24-C-3
Obxecto da concesión: ocupación edificio para almacenamento de utensilios de pesca.
Porto: Burela
Concesionario: Madre Querida, S.L.
Superficie concedida no título concesional: 70 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: dez (10) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 842,31 € anuais (IVE excluído), en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, o 1 % das actividades portuarias de departamentos de almacenamento de aparellos de pesca e/ou caixas.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: non.
– Data da resolución: 17.1.2025.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-48-24-C-3.
Obxecto da concesión: explotación de instalación de subministración de combustible en Ribeira (lote 3).
Porto: Ribeira.
Concesionario: Eni Iberia, S.L.
Superficie concedida no título concesional: 160 m2.
Investimento: 215.000 €.
Prazo da concesión: vinte (20) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 4.374,60 € anuais (IVE excluído), en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 3 % das actividades de subministración de combustible a vehículos.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: non.
– Data da resolución: 3.2.2025.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 14-07-24-C-2.
Obxecto da concesión: parcela para construción de naves para almacenamento de medios mecánicos e auga para sistema de nebulización e rega de minerais en explanada portuaria.
Porto: Viveiro.
Concesionario: Ferroglobe Cuarzos Industriales Mining, S.A.
Superficie concedida no título concesional: 358 m2.
Investimento: 189.550 €.
Prazo da concesión: vinte (20) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 1.075,64 € anuais (IVE excluído), en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e 320 € anuais, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos,
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: non.
– Data da resolución: 5.2.2025.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-02-24-C-1.
Obxecto da concesión: edificio para actividades de bar-restaurante.
Porto: Ortigueira.
Concesionario: Rafael José Girón Martínez.
Superficie concedida no título concesional: 223 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: dez (10) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 4.134,59 € anuais (IVE excluído), en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, o 2 % da actividade de bar-restaurante.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: si.
– Data da resolución: 6.2.2025.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 14-05-24-C-2.
Obxecto da concesión: edificio para actividades de bar-restaurante.
Porto: Burela.
Concesionario: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.
Superficie concedida no título concesional: 1.351 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: vinte e cinco (25) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 18.684,16 € anuais (IVE excluído), en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e 2.702 € anuais, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: non.
Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución en que se faga público o outorgamento.
Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2025
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
