DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2025 Páx. 13778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se lle notifica a unha persoa interesada o trámite de audiencia en relación cun recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Barciademera (Covelo-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

RA-80

35509995L

Trámite de audiencia