DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2025 Páx. 13671

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias.

Mediante a Resolución do 27 de febreiro de 2024 (DOG núm. 50, do 11 de marzo), a Dirección Xeral da Función Pública convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias.

A base VIII da convocatoria establece que «rematados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso e de petición de postos de traballo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na cal se declararán aprobadas as listas de persoas admitidas e excluídas con indicación do lugar en que estarán á disposición das persoas interesadas».

En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes das persoas participantes,

RESOLVE:

Aprobar a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de <concurso de traslados>.

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para, de ser o caso, poder emendar o defecto que motivou a exclusión. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.

Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidas nin na de excluídas e solicitasen participar no concurso disporán de igual prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular a súa reclamación.

A estimación ou desestimación das peticións de emenda ou reclamacións entenderanse implícitas na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.

As persoas solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Motivo da exclusión

Becerra

Arrojo

Alberto

***8034**

84

Buján

Francesch

Elena

***1933**

12, 13

Castro

Prado

Beatriz

***6835**

12

Crespo

Vieira

Belén

***0256**

4

Díaz

Rodríguez

Emilia Nikole

***9630**

4

Feito

Gómez

José Manuel

***1287**

10

Fernández

Devesa

Sara

***4219**

12

Fontán

Bouzas

Manuel Xesús

***7959**

12, 112

García

Seisdedos

Eduardo

***2261**

12

González

López

José

***9238**

84

Martínez

Paz

Sandra

***4756**

84

Mosquera

Val

María Belén

***2841**

84

Nieto

Mengotti

Santiago Manuel

***2510**

12

Paz

Feijóo

Francisco

***4526**

84

Pérez

Gómez

Vicente Alfredo

***7529**

13

Rey

Cespón

Berta

***6712**

12

Río

Pita

Eva María

***4684**

12

Souto

Muíño

Óscar

***1771**

12, 112

Suárez

Baldonedo

Marta

***8802**

12

Trelles

Padín

María Isabel

***1393**

4

Vilariño

Alonso

Zoila

***6286**

84

Villada

Pillado

Antía

***4208**

84

Relación das causas de exclusión:

Código do motivo de exclusión

Descrición do motivo de exclusión

4

Falta nomeamento para o corpo/escala desde o que concursa

10

Solicitude fóra de prazo ou sen rexistro de entrada

12

Corpo-escala, relación de servizo ou tipo de administración non corresponde ás do concurso

13

Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo

84

Nomeamento provisional no seu proceso selectivo

112

O concurso non está aberto ao seu corpo/escala/administración