DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2025 Páx. 13542

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 31 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito do Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C) da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 19 de xaneiro de 2024).

Advertido erro material na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 27, do 10 de febreiro de 2025, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 10913, onde di: «Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00313, correspóndelle unha contía de 2.543.270,33 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 26.1.2024 ás 12:35:17 horas (expediente TR342C/2024/430-01)», debe dicir: «Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00313, correspóndelle unha contía de 2.543.270,33 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 29.1.2024 ás 8:50:53 horas (expediente TR342C/2024/509-01)».