Convocada mediante a Resolución do 14 de febreiro de 2024 (DOG nº 38, do 22 de febreiro) a provisión de diversos postos de coordinador/a de técnicos, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión diversos postos de coordinador/a de técnicos, convocados mediante a Resolución do 14 de febreiro de 2024 (DOG nº 38, do 22 de febreiro).
Segundo. Nomear para os postos que se indican ás persoas citadas no anexo desta resolución.
Terceiro. Os/as aspirantes seleccionados/as deberá/n cesar na praza que desempeñan dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore o posto adxudicado no prazo establecido.
Cuarto. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 14 de febreiro de 2025
Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee
ANEXO
Denominación do posto: coordinadora de Laboratorio de Área.
Centro: Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Nome e apelidos: María Seijas Santamariña.
DNI (*): ***4104**.
Denominación do posto: coordinador de Laboratorio de Atención Continuada.
Centro: Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Nome e apelidos Juan Ramón Pérez Gómez.
DNI (*): ***5333**.
Denominación do posto: coordinadora de Imaxe para o Diagnóstico.
Centro: Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Nome e apelidos: Ana Isabel Rivera Martínez.
DNI (*):***6772**.
Denominación do posto: coordinador/a de Laboratorio de Microbioloxía.
Centro: Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Nome e apelidos: ---.
DNI (*):
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal.
