DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2025 Páx. 14073

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2025 pola que se nomea persoal laboral fixo desta axencia, en virtude do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Mediante a Resolución do 28 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro) convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas prazas dos grupos e categorías de titulado/a superior (grupo I, categoría 004), titulado/a grao medio (grupo II, categoría 007) e administrativo/a (grupo III, categoría 062), da Axencia de Turismo de Galicia.

Mediante a Resolución do 5 de maio de 2023 (DOG núm. 92, do 15 de maio) nomeouse a Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, da Axencia de Turismo de Galicia, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria.

Mediante a Resolución do 20 de decembro de 2024 (DOG núm. 250, do 30 de decembro) a Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, aprobou e fixo pública a baremación definitiva das persoas aspirantes que superaron o proceso para o ingreso nas citadas prazas, e propuxo o seu nomeamento como persoal laboral fixo da Axencia de Turismo de Galicia.

Por todo o exposto, no exercicio das competencias previstas no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos,

RESOLVO:

Primeiro. Nomeamento

Aprobar a proposta feita pola Comisión de Selección e nomear as persoas aspirantes que se relacionan no anexo desta resolución como persoal laboral fixo da Axencia de Turismo de Galicia, tras a superación do proceso selectivo.

Segundo. Notificación

Notificar ás persoas seleccionadas que deberán formalizar o seu contrato de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Impugnación

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que ditou esta resolución. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo citado en canto non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Persoas nomeadas como persoal laboral fixo

(Axencia de Turismo de Galicia)

Titulado/a superior (grupo I, categoría 004)

Apelidos e nome

NIF

Praza

Fernández-Refojo González, Carla María

***8871**

Grupo I, categoría 004

Gómez Estalote, Ofelia

***5607**

Grupo I, categoría 004

García Ameal, Rosa Leonor

***2675**

Grupo I, categoría 004

Fernández Piñeiro, Elvira Inés

***5530**

Grupo I, categoría 004

Iglesias Díaz, María del Carmen

***6802**

Grupo I, categoría 004

Ron Güimil, María del Pilar

***1577**

Grupo I, categoría 004

Gómez Souto, Francisco José

***2064**

Grupo I, categoría 004

Titulado/a grao medio (grupo III, categoría 062)

Apelidos e nome

NIF

Praza

Tilve Rodríguez, Marcos

***6934**

Consultor/a do departamento de Consultoría e Formación

(grupo III, categoría 062)

Budiño Lemos, Marta

***6830**

Oficial administrativo de primeira-Aturga

(grupo III, categoría 062)