Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionario: Begasa.
Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.
Denominación: aumento de potencia dos CTIS da LAT 20 kV Fons_Sur CT Cuíñas (2366), CT Restrumeiro (3554), CT Vilar de Cuíña (10099), CT Santa Juliana (12353), CT Silvela (14588), CT Llencias (10687), CT Cabreira (1732) e CT Cereixido (10529).
Situación: concello da Fonsagrada.
Características técnicas principais:
• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 2366 Cuíñas, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 50 kVA, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuíto de terras e substitución do dispositivo antiescalo, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 3554 Restrumeiro, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 50 kVA, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuíto de terras e substitución do dispositivo antiescalo, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 10099 Vilar de Cuíña, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 50 kVA, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuíto de terras e substitución do dispositivo antiescalo, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 14588 Silvela, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 50 kVA, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuíto de terras e substitución do dispositivo antiescalo, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 10687 Llencias, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 50 kVA, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuíto de terras e substitución do dispositivo antiescalo, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 1732 Cabreira, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 50 kVA, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuíto de terras e substitución do dispositivo antiescalo, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 10529 Cereixido Tarrelo, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 50 kVA, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuíto de terras e substitución do dispositivo antiescalo, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 12353 Santa Juliana, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 50 kVA, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuíto de terras e substitución do dispositivo antiescalo, relación de transformación 20.000/400-230 V.
Finalidade da instalación: mellora da instalación.
Orzamento: 85.364,62 €.
Documentación que se xunta:
• Copia do proxecto.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 6 de febreiro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
