Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada adecuación LMTA DC ALL803-ALL804 lugar de Campiñas (Allariz), situada no concello de Allariz, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.
O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.
Ourense, 12 de febreiro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2023/136-3.
Instalación: adecuación LMTA DC ALL803-ALL804 lugar de Campiñas (Allariz).
Concello: Allariz.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Data da acta de ocupación: 18 de novembro de 2024.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Incidencia |
|
3 |
Viñas |
32002A082000810000WE |
Herdeiros de Nieves Pérez Otero |
Enderezo descoñecido |
|
6 |
Recostro |
32002A082001630000WF |
Herdeiros de Julio Fuentefría Ferradas |
Enderezo descoñecido |
|
8 |
Fonte do Santo |
32002A083007760000WT |
Herdeiros de Rosario Álvarez Ferreiro |
Enderezo descoñecido |
