DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2025 Páx. 14057

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2025 pola que se dá publicidade á adhesión dunha entidade financeira (Banca Popolare Ética Soc. Coop. Sucursal en España) ao convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca (financiamento Igape-pemes) (código de procedemento IG535A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa xuntanza do día 26 de decembro de 2024, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes). As ditas bases publicáronse mediante a Resolución do 8 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 7, do 13 de xaneiro).

Mediante a Resolución do 16 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 12, do 20 de xaneiro), publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Posteriormente, o 7 de febreiro de 2025, adhírese a entidade financeira «Banca Popolare Ética Soc. Coop. Sucursal en España», polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Engadir a entidade financeira «Banca Popolare Ética Soc. Coop. Sucursal en España» á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca (financiamento Igape-pemes).

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2025

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica