DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2025 Páx. 14371

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 20 de febreiro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 240, do 20 de decembro), modificada polas resolucións do 22 de marzo de 2024 (DOG número 63, do 1 de abril) e do 28 de xaneiro de 2025 (DOG número 21, do 31 de xaneiro), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 245, do 27 de decembro), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base VI.2. da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.

De acordo co disposto na base V.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2025

Isabel Fariña Negreira
Presidenta do tribunal