DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2025 Páx. 14387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, pola que notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense (expediente PR204A 2024/4393-3 e nove máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236 do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Ourense na avenida de La Habana, nº 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, dentro do prazo de dez días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, nº 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 12 de febreiro de 2025

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/equivalente

PR204A 2024/4393-3

11040774S

PR204A 2024/4790-3

35568486K

PR204A 2024/5289-3

Z0991832P

PR204A 2024/5562-3

44485739J

PR204A 2024/5698-3

44481591M

PR204A 2024/5709-3

76707743Y

PR204A 2024/5997-3

34982348S

PR204 2024/6000-3

76730773J

PR204A 2024/6031-3

34968108N

PR204A 2024/6118-3

44450142C