DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2025 Páx. 14395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en materia de residuos no expediente OU-RES-2024-047 e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental pertencente ao Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Ourense, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 12 de febreiro de 2025

Mª José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto de notificación

Acto adoptado

OU-RES-2024-047

Y8556340D

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Polo instrutor

OU-RES-2024-049

34967007S

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Polo instrutor

OU-RES-2024-070

E0731400

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Polo instrutor

OU-RES-2024-073

1840519336887

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Polo instrutor

OU-RES-2024-074

022785

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Polo instrutor

OU-RES-2024-086

21756594C

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola directora territorial