DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2025 Páx. 14971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Presidencia da Xunta de Galicia

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral de Medios, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia das resolucións das súas solicitudes de axuda no expediente PR853B-2024-00000394-00 e catorce máis (código de procedemento PR853B).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución da súa solicitude de concesión de axuda económica nos expedientes indicados de axudas destinadas á execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións para a recepción e decodificación dos sinais de televisión dixital de alta definición en vivendas unifamiliares da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento PR853B).

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Secretaría Xeral de Medios, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da dita resolución e a constancia de tal coñecemento.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o secretario xeral de Medios, no prazo dun mes, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Os dous prazos computaranse a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar os recursos contarase a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2025

Pedro Francisco Rojo Otero
Secretario xeral de Medios

ANEXO

Procedemento: axudas destinadas á execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións para a recepción e decodificación dos sinais de televisión dixital de alta definición en vivendas unifamiliares da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento PR853B).

Expediente

Interesado/a

Acto de notificación

PR853B-2024-00000394-00

33195047K

Resolución de desistencia da solicitude

PR853B-2024-00000437-00

34601653Q

Resolución de desistencia da solicitude

PR853B-2024-00000447-00

32504388Y

Resolución de perda do dereito ao cobramento

PR853B-2024-00000649-00

10031378C

Resolución de denegación da axuda

PR853B-2024-00000673-00

33554332T

Resolución de desistencia da solicitude

PR853B-2024-00000709-00

34164311L

Resolución de perda do dereito ao cobramento

PR853B-2024-00000743-00

34581681P

Resolución de desistencia da solicitude

PR853B-2024-00000779-00

76612745K

Resolución de perda do dereito ao cobramento

PR853B-2024-00000903-00

34512517M

Resolución de desistencia da solicitude

PR853B-2024-00000932-00

77106512R

Resolución de desistencia da solicitude

PR853B-2024-00000949-00

34252343F

Resolución de desistencia da solicitude

PR853B-2024-00000983-00

33784451G

Resolución de desistencia da solicitude

PR853B-2024-00000995-00

76893822S

Resolución de aceptación de renuncia

PR853B-2024-00001031-00

33838897D

Resolución de perda do dereito ao cobramento

PR853B-2024-00001042-00

33816960Z

Resolución de denegación da axuda