De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado pola directora territorial.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 14 de febreiro de 2025
Mª Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: INC-CO-0012-2025 BIO.
DNI denunciado: 32196489P.
Acto de notificación: acordo de inicio.
