DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2025 Páx. 14962

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se convocan as persoas aspirantes que deberán realizar as probas físicas e visuais das integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías do Servizo de Prevención contra Incendios Forestais.

Mediante a Resolución do 28 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, publicáronse as persoas aspirantes que deberán realizar as probas físicas e visuais das integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías do Servizo de Prevención contra Incendios Forestais (SPIF). O parágrafo segundo da dita resolución establece que as persoas aspirantes que vaian realizar a proba Field Test deben remitir un certificado médico oficial ou informe de saúde, asinado por un colexiado en exercicio, no cal se faga constar que non presentan enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico.

De acordo cos certificados médicos achegados e á vista das alegacións presentadas en prazo, e co fin de elaborar a lista definitiva para cubrir os postos de persoal laboral do SPIF,

Esta secretaría xeral técnica

RESOLVE:

Primeiro.

1. Convocar as persoas aspirantes que achegaron o certificado médico para realizar a proba física Field Test que teñen número de orde para ser chamadas para algunha das categorías seguintes das listas elaboradas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo:

– Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais (grupo I, categoría 38).

– Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais (grupo II, categoría 039).

– Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (grupo III, categoría 100).

– Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba (grupo IV, categoría 033).

– Bombeiro/a forestal condutor (grupo V, categoría 14A).

– Bombeiro/a forestal (grupo V, categoría 14).

A proba física Field Test realizarase na data e lugar que se indican a seguir:

– Estadio Municipal Vero Boquete.

Avda. de Fernando de Casas Novoa, 20, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

– Datas: 6 de marzo de 2025.

• De «Abad Santome, Mónica» a «Leiro Leiro, Jaime».

7 de marzo de 2025.

• De «Lence Cascudo, Noelia» a «Zarra Corral, José Manuel».

2. A relación de persoas aspirantes convocadas para realizar a proba física relaciónase no seguinte enderezo electrónico: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/prevencion-incendios

3. A proba física Field Test consistirá en camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos.

Segundo.

1. Convocar as persoas que teñen número de orde para ser chamadas na categoría 10B (vixilante fixo/a) do grupo V da listas do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para realizar a proba visual, que terá lugar en:

– Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

r/ Madrid, 2-4 (As Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela.

– Data: 10 de marzo de 2025.

2. A relación de persoas aspirantes convocadas para realizar a proba visual relaciónase no seguinte enderezo electrónico: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/prevencion-incendios.

3. A proba consiste en superar un exame sobre a agudeza visual ao lonxe en ambos os dous ollos, así como a visión cromática, realizada cun aparato para o control da visión tipo Visiotest ou equivalente.

Terceiro. As persoas aspirantes acudirán a realizar a proba provistas do DNI.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2025

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural