DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2025 Páx. 14975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente PES-OU-35/2024-V e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense, sita na avenida da Habana, núm. 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo, sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 14 de febreiro de 2025

María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto de notificación

Acto adoptado

PES-OU-35/2024-V

76726300W

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANP-OU-28/2024-V

21076594S

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-98/2024-V

44469200B

Resolución de procedemento sancionador

Pola directora territorial

ANI-OU-128/2024-V

34984582H

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-07/2025-V

44481981G

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola directora territorial

ANI-OU-08/2025-V

77013991D

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola directora territorial