DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2025 Páx. 15025

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de técnico/a de planificación, quenda libre (subgrupo A1), C.E. 14/21.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 172, do 6.9.2024, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 5.9.2024, relativas á seguinte convocatoria:

– 1 praza de técnico/a de planificación, quenda libre (subgrupo A1), C.E. 14/21.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica