DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2025 Páx. 15027

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Parada de Sil

ANUNCIO da aprobación e da convocatoria das bases xerais e específicas de cada unha das prazas incluídas no proceso extraordinario de estabilización do emprego temporal.

Mediante o Decreto da Alcaldía 2022-0070, do 26.5.2022, aprobouse a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do Concello de Parada de Sil ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no Boletín Oficial da provincia nº 123, do 31.5.2022, e no Diario Oficial de Galicia nº 118, do 21.6.2022.

Posteriormente, a oferta de emprego público extraordinaria foi rectificada mediante o Decreto da Alcaldía 2023-0003, do 12.1.2023, publicada no Boletín Oficial da provincia nº 28, do 3.2.2023, e no Diario Oficial de Galicia nº 26, do 7.2.2023.

Mediante o Decreto da Alcaldía 2024-0430, do 17.12.2024, foron aprobadas as bases xerais e específicas de cada unha das prazas incluídas no proceso extraordinario de estabilización do emprego temporal no Concello de Parada de Sil e publicadas no Boletín Oficial da provincia nº 3, do 7.1.2025.

As bases xerais e específicas da convocatoria poden consultarse na sede electrónica do Concello de Parada de Sil na seguinte ligazón: https://paradadesil.sedelectronica.gal/

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os anuncios sucesivos referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Parada de Sil, 30 de xaneiro de 2025

Aquilino Domínguez Díaz
Alcalde presidente