Convocada mediante a Resolución AC-04/2024, do 18 de setembro de 2024 (DOG nº 185, do 25 de setembro), a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Análises Clínicas, polo sistema de avaliación colexiada, a Xerencia da Área Sanitaria, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuidas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan ás áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Análises Clínicas, realizada mediante a Resolución AC-04/2024, do 18 de setembro de 2024 (DOG nº 185, do 25 de setembro).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo a esta resolución.
Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a persoa nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.
Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Ferrol, 21 de febreiro de 2025
Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol
ANEXO I
Posto de traballo: xefe/a do Servizo de Análises Clínicas.
Nome e apelidos: M. Belén Fernández Saya.
DNI: ****375**.
