De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0417/2024-PPM e dous máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.
A Coruña, 17 de febreiro de 2025
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Núm. expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
|
PSC-CO-0417/2024-PPM |
32758787W |
Resolución |
r/ Bazarra, 21, 1º, 15138 Cee (A Coruña) |
|
PSC-CO-0671/2024-ORS |
52453217S |
Resolución |
r/ da Habana, 16, 1ºA, 15960 Ribeira (A Coruña) |
|
PSC-CO-0744/2024-PRE |
32755952L |
Resolución |
r/ Francisco Añón, 22, 5ºB, 15010 A Coruña |
