DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 3 de marzo de 2025 Páx. 15300

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia de Medicina de Galicia

ANUNCIO da convocatoria de seis cadeiras de académico/a numerario/a.

Convócanse, para a súa provisión, as cadeiras de académico/a numerario/a de Hematoloxía e Hemoterapia, Farmacoloxía Clínica, Nefroloxía, Alergoloxía, Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo e Medicina Intensiva.

Para poder aspirar a tales cadeiras, é preciso ter nacionalidade española e residir en Galicia, así como estar en posesión do título de doutor/a en Medicina. Por outra banda, posuirán un relevante e acreditado prestixio científico e profesional, avalado polas súas responsabilidades, investigación, publicacións ou traballos científicos orixinais.

Ninguén poderá presentar persoalmente a súa candidatura para o posto de académico/a.

As propostas serán formuladas por tres académicos/as de número, dos cales, polo menos un deberá pertencer á sección en que estea incluída a dita vacante.

Non se tramitará ningunha proposta que leve máis de tres sinaturas, nin as que leven sinaturas que consten xa noutra candidatura concorrente á mesma praza.

As propostas deberán ir acompañadas dun currículo do/da candidato/a e presentaranse na Secretaría da Real Academia de Medicina (r/ Durán Loriga, 10, 2º, 15003 A Coruña), no prazo de quince (15) días naturais a partir da publicación deste anuncio.

A Coruña, 10 de febreiro de 2025

Alberto Juffé Stein
Académico numerario-secretario xeral da
Real Academia de Medicina de Galicia