Primeiro. Mediante a Resolución do 5 de decembro de 2024, da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia do 16 de decembro de 2024, convocáronse as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.
Segundo. De conformidade coa base quinta da dita resolución, e unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes de admisión ás ditas probas, a Presidencia do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia aprobou a lista provisional de aspirantes admitidos e non admitidos, e dispón a publicación desta para a súa consulta na web do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia www.ga-galicia.com e no taboleiro de anuncios da sede do Colexio, logo do anuncio desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Os aspirantes non admitidos dispoñerán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para emendaren, se é o caso, a omisión ou o defecto que motivou a súa non admisión, ou presentar a correspondente reclamación ante o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.
Cuarto. Unha vez que sexan resoltas as reclamacións e correccións presentadas, publicarase a relación definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos na web do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia e no taboleiro de anuncios da sede do Colexio.
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2025
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
