Expediente: IN407A 2024/190-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: regulamentación LMT MEA805 substitución de apoio B4EOFAHW//40-29-11.
Concello: Cedeira.
1. Características técnicas:
As instalacións atópanse na Candocia, parroquia de Teixido, no concello de Cedeira, e as súas características técnicas son as seguintes:
• Reforma da LMTA 20 kV MEA 805 para a súa regulamentación (distancias ao terreo):
• Substitución do apoio de formigón B4EOFAHW//40-29-11 por un apoio de celosía C-1000/16.
• Substitución dun tramo de condutor da LMTA MEA 805, de 139 metros, condutor LA-56, coa orixe no apoio proxectado e final en apoio existente B4BNVMGB//40-29-12.
• Instalación dun SXS no apoio proxectado.
• Retensado do van anterior.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 7 de febreiro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Corurña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Denominación: regulamentación LMT MEA805 substitución de apoio B4EOFAHW//40-29-11.
Concello: Cedeira.
|
Nº de parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Chao su Lindeiro 15022A032008070000I E |
Rústico Agrario |
Herdeiros de José Bellón García |
Apoio (substitución de apoio B4EOFAHW//4 0-29-11) |
2.0 |
||||
Abreviacións:
|
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. |
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais. |
|
m2 aér:: superficie de servidume aérea en m2. |
m2 sot.: superficie de servidume soterrada. |
