DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2025 Páx. 15427

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2025, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente con número de credencial 100486 e seis máis.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia do requirimento de documentación para a emenda da solicitude de inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia que se sinala no anexo.

O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe da Sección do Rexistro de Demandantes de Vivenda da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 14 de febreiro de 2025

Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente/credencial

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

100486

33333670T

Requirimento de documentación

101204

44815441X

Requirimento de documentación

101354

45905923Q

Requirimento de documentación

107016

Y4109019Z

Requirimento de documentación

107658

43294927A

Requirimento de documentación

VI428C-971752

Y9488898D

Requirimento de documentación

VI428C-984025

17602930H

Requirimento de documentación