DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2025 Páx. 15402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación de depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMT e CT Raviso.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase a persoa afectada pola expropiación da consignación dos depósitos de prezo xusto do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT e CT Raviso, no concello de Vigo, que figura no cadro anexo.

O interesado poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberá achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta na que se ingresará o depósito.

Vigo, 18 de febreiro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/313-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT e CT Raviso.

Concello: Vigo.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

1

4243613NG2744S0001UD

Jairo Faria de Freitas

2025/54/5