Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócase a persoa interesada ao acto de levantamento das actas previas á ocupación do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA VLL810/VLL825 no tramo entre os apoios núms. BDSA6QSF e D54, na Casa do Concello do Pereiro de Aguiar, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado, por si mesmas ou representada por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Ourense, 17 de febreiro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2024/111-3.
Instalación: Regulamentación LMTA VLL810/VLL825 no tramo entre os apoios núms. BDSA6QSF e D54.
Concello: O Pereiro de Aguiar.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Lugar da convocatoria |
Data |
Hora |
|
1 |
Naranxo |
32059A005000710000OL |
Descoñecido/a |
Casa do Concello do Pereiro de Aguiar |
8.4.2025 |
12.15 |
