No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 22, do 3 de febreiro de 2025, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para cubrir mediante o nomeamento de funcionario de carreira unha praza de oficial condutor, integrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, adscrito ao Departamento de Urbanismo e Obras, Sección de Obras e Servizos Básicos, integrado no grupo C, subgrupo C2 (código na RPT 05.03.01.06), polo sistema de oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
A Estrada, 11 de febreiro de 2025
Gonzalo Louzao Dono
Alcalde
