DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2025 Páx. 15437

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2025, da Xerencia Municipal de Urbanismo, das bases que rexerán a oferta de emprego público de 2021/2022.

O 5 de febreiro de 2025 publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra as bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir as prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público de 2021/2022. Quenda promoción interna (segunda fase). As prazas vacantes son as seguintes:

• Unha de enxeñeiro/a industrial.

• Unha de arquitecto/a técnico/a de grao.

• Unha de técnico/a superior de servizos económicos.

• Unha de inspector/a de urbanismo.

Vigo, 5 de febreiro de 2025

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada de Urbanismo e Vivenda