Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG) co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no BOE, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación así como da totalidade do expediente administrativo, atópanse á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
Asemade, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade a través de https://viveiro.sedeelectronica.es
Acto que se vai notificar: xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas (expediente: 4087/2024).
|
Referencia catastral |
1570901PJ1317S0002SD |
|
Situación |
CM Pereira-estrada Riobarba, 57, Viveiro (Lugo) |
|
Referencia catastral |
1570918PJ1317S0002MD |
|
Situación |
CM Lapido-Pereira 7(I), Viveiro (Lugo) |
|
Persoa responsable/DNI/CIF |
Paz Pérez Alfonso Noe/NIF descoñecido |
Viveiro, 12 de febreiro de 2025
María Loureiro García
Alcaldesa
