En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios Treites das Augas.
DNI: ***6383**.
Expediente: DH.A15.67261.
Volume total anual: 18.428,85 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,7 l/s.
Destino: doméstico e cafetaría.
Orixe: x= 510817; y= 4725740 (huso29 ETRS89).
Lugar: Treites de Arriba.
Parroquia: Cespón (San Vicenzo).
Concello: Boiro.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de augas dun manancial na parcela 15011A058013800000XH mediante unha escavación duns (3×2 metros), de onde sae unha tubaxe de PVC de 110 mm de diámetro, de cor gris con filtro, cara ao depósito de almacenamento, situado na parcela 15011A058009840000XW, de 100 m3 de capacidade nunha lonxitude de 70 m, desde onde se distribúe a auga ao lugar de Treites para o abastecemento ás vivendas dos comuneiros e dun café-bar.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderase solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro
