De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando infrutuosos os intentos de notificación e/ou sendo descoñecido o domicilio de notificación, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo no procedemento de expropiación forzosa para a execución da obra de mellora na rede de saneamento de Marín no contorno do río Lameira, no termo municipal de Marín (expediente EF.21001).
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer nas oficinas da sede de Augas de Galicia, praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento.
Poderá solicitarse cita previa no correo electrónico augasdegalicia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 16 32 e 981 95 74 12.
Transcorrido o devandito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2025
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
ANEXO
|
Clave de obra |
Predio |
Referencia catastral |
Persoa interesada |
|
EF.21001 |
19 |
36026A004000750000LJ |
Francisco de Pazo Villanueva |
|
EF.21001 |
19-OT |
36026A004000750000LJ |
Francisco de Pazo Villanueva |
|
EF.21001 |
38 |
4828018NG2942N0001RR |
Rivas Santomé, S.L. |
