DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2025 Páx. 15756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 13/2025, seguido no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, en relación coas bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (códigos de procedemento IG300J (liña 1), IG300I (liña 2) e IN422P (liña 3), publicadas mediante a Resolución do 13 de xaneiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 8, do 14 de xaneiro).

O Decreto do 24 de xaneiro de 2025 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 13/2025, en relación coas bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector da automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, convocadas pola Resolución do 13 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2025

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica