DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2025 Páx. 16009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se acorda someter a información pública a solicitude de inscrición do Monte Abertal de Pántaras, concello da Fonsagrada, no Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo.

Primeiro. De conformidade co establecido no artigo 21.4 do Decreto 16/2024, do 18 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico e o Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo, acórdase someter a información pública a solicitude de inscrición do «Monte Abertal de Pántaras», concello da Fonsagrada, por un prazo de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. A documentación da citada solicitude de inscrición pódese consultar en:

– Lugar: Servizo de Montes de Lugo. Rolda da Muralla, 70, baixo 2º.

– Horario: das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

– Teléfono de contacto: 982 88 92 56 ou 982 88 92 22.

Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas, e a cidadanía en xeral, poden facer as suxestións que consideren oportunas a través do procedemento PR004A, para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema específico e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica

Así mesmo, as persoas físicas poderán presentar as súas suxestións por escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo.

Lugo, 21 de febreiro de 2025

Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo