DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2025 Páx. 16256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 21 de febreiro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados nesta área sanitaria no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado o pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros desta área sanitaria, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 10 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, de non achegar no prazo de dez (10) días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que hai que achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario nos teléfonos 988 38 58 48 e 988 36 91 11.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, firmo e selo esta cédula, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 21 de febreiro de 2025

José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

202302573

34466484H

202303486

Y8942406C

202303493

54675146Y

202304893

39376345T

202305515

05412381K

202305828

Y8601047G

202306723

X8448132W

202308139

45140974R

202308303

X8854472R

202401557

X8817799J

202403292

X6500895Z

202404429

Z0529997J

202404770

34990462X

202405304

52307635T

202405316

Y1917782X

202405742

34968587P

202406219

44658316K

202406220

44658316K

202406320

45140440L

202406458

X2673769L

202407300

Y1917782X

202407697

21119088M

202407698

21119088M