DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2025 Páx. 16236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a propietarios da zona de concentración parcelaria de Buscás II (Ordes) para ser notificados dun trámite de audiencia en relación coa modificación do acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a propietarios da zona de concentración parcelaria de Buscás II (Ordes) que figuran no anexo, para seren notificados dun trámite de audiencia en relación coa modificación do acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 24 de febreiro de 2025

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Buscás II (Ordes-A Coruña)

DNI/nome

Nº prop.

Acto notificado

32300231C

27

Trámite de audiencia

32189741E

36

Trámite de audiencia

32416182M

57

Trámite de audiencia

10757317X

110

Trámite de audiencia

32239591P

340

Trámite de audiencia

76365604S

366

Trámite de audiencia

Manuel Regueira Pereira

420

Trámite de audiencia

32192367A

504

Trámite de audiencia

76296118N

626

Trámite de audiencia