DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2025 Páx. 16142

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2025 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais Comdix para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza de Galicia e das entidades locais galegas, así como para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Escola Galega de Administración Pública subscribiron un convenio para convocar e desenvolver as actividades formativas, dirixidas ao persoal empregado público das administracións públicas de Galicia, en competencias dixitais no ano 2025, no contexto do Marco galego de competencias dixitais Comdix.

Esta iniciativa enmárcase no contexto do Marco galego de competencias dixitais, conforme o disposto na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, coa finalidade de lograr unha cidadanía dixitalmente responsable nun contorno onde, cada vez máis, é requirido o uso da tecnoloxía case a diario.

Este marco ten como referencias o Marco europeo de competencias dixitais na versión DigComp 2.2, e o Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais. Este decreto establece que a certificación galega en competencias dixitais acreditará o nivel de competencia das persoas na utilización das tecnoloxías no ámbito persoal, social, educativo e profesional de forma efectiva, segura, crítica, creativa e cívica.

O artigo 3 do Decreto 123/2021 establece que o desenvolvemento concreto das dimensións e especializacións do marco en función dos colectivos destinatarios quedará recollido no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.

O 11 de setembro de 2023 aprobouse unha primeira versión do documento de bases en que se identifica a realización de cursos con aproveitamento activo e avaliación continua como unha das formas de obtención do certificado galego en competencias dixitais (Comdix). Nese sentido, o convenio formalizado entre a Amtega e a EGAP ten por obxecto articular a colaboración entre a EGAP e a Amtega para convocar e desenvolver as actividades formativas no ano 2025, dirixidas ao persoal empregado público das administracións públicas de Galicia, en competencias dixitais Comdix.

De acordo co exposto,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2025

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos dos participantes

1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

2. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; o persoal das escalas dos corpos da Policía de Galicia, Policía Local e bombeiros; e o persoal do Servizo Galego de Saúde, sen entender por tal os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración Sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para poder participar no curso «De Codix a Comdix iniciación» deberá disporse previamente da certificación Codix.

Segunda. Datas e lugares de realización

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen no anexo II desta resolución. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2025.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas desde a data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres máis o curso Comdix iniciación 0: empezamos!

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para efectuar o proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

– O software correspondente a cada actividade e indicado no anexo II desta resolución.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (como por exemplo discapacidade ou permiso de maternidade), de acordo cos criterios de selección, poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

8. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria para a matrícula serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 62 53 e 981 54 63 35, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

As dúbidas relativas ao Marco galego de competencias dixitais e ao certificado galego de competencias dixitais poden consultarse en https://competenciasdixitais.xunta.gal/ e no correo electrónico competencias-dixitais@xunta.gal

Cuarta. Comprobación de datos

1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para tramitar o procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opoña a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar, ademais, unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico: <xestion.egap@ xunta.gal>.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG número 96, do 23 de maio), con corrección de erros (DOG número 130, do 10 de xullo, e DOG número 148, do 4 de agosto), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe de persoal destinatario de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG número 58, do 25 de marzo). Para o ano 2025, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 21 de xaneiro (DOG número 16, do 24 de xaneiro), comezarase pola letra F.

As prazas de cada actividade formativa repartiranse da seguinte maneira: 70 por cento para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; 10 por cento para o persoal das entidades locais; 10 por cento para a Administración de xustiza de Galicia e outro 10 por cento para o PAS das universidades do SUG.

No caso de que non haxa un número suficiente de solicitantes da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, poderá completarse o número de alumnos/as asignado co persoal das restantes administracións destinatarias desta resolución de convocatoria, de acordo cos criterios sinalados con carácter xeral da Escola Galega de Administración Pública.

Sexta. Publicación das relacións do persoal seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia, asistencia e puntualidade

1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia.

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para formalizar a renuncia poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase a partir da publicación da listaxe de persoas admitidas, en reserva e excluídas, e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.

b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

O feito de non contar co software correspondente a cada actividade e indicado no anexo II desta resolución non se considerará causa xustificada para renunciar á actividade formativa fóra de prazo.

Seguimento das actividades:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación das actividades. Realización das probas

Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas e superadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final que se realizará en liña.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta un 50 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

As datas e o horario en que terán lugar as probas de avaliación, que se realizarán en liña, indícanse no anexo II da convocatoria, información que será ampliada e actualizada a través da páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación.

Novena. Certificado

Para obter o certificado de aproveitamento o alumnado deberá acadar a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para executar e cumprir esta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Modalidade

Data de inicio

Data de remate

Data e hora do exame final

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

CV25012

Comdix iniciación I: Coñece a contorna dixital

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

25

50

Teleformación

7.4.2025

7.5.2025

12.5.2025

19.00

6.6.2025

11.6.2025

18.00

2.6.2025

27.6.2025

2.7.2025

16.30

2.10.2025

27.10.2025

30.10.2025

18.30

16.10.2025

10.11.2025

13.11.2025

17.30

24.11.2025

27.11.2025

17.30

CV25013

Comdix iniciación II: Ten a información dixital sempre á man: buscar, seleccionar e gardar

35

50

Teleformación

22.4.2025

27.5.2025

21.5.2025

25.6.2025

30.6.2025

22.9.2025

27.10.2025

31.10.2025

6.10.2025

20.10.2025

24.11.2025

27.11.2025

18.30

CV25014

Comdix iniciación III: Tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar

40

50

Teleformación

7.4.2025

22.5.2025

28.5.2025

15.5.2025

25.6.0025

1.7.2025

17.9.2025

1.10.2025

10.11.2025

13.11.2025

19.30

15.10.2025

24.11.2025

27.11.2025

19.30

CV25015

Comdix iniciación IV: Participa na sociedade dixital: as vantaxes da Administración electrónica

9.4.2025

29.5.2025

3.6.2025

23.4.2025

12.6.2025

17.6.2025

5.5.2025

23.6.2025

26.6.2025

18.9.2025

7.11.2025

12.11.2025

20.11.2025

25.11.2025

16.30

CV25016

Comdix iniciación V: Crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia

8.4.2025

2.6.2025

5.6.2025

16.6.2025

10.9.2025

29.10.2025

3.11.2025

29.9.2025

17.11.2025

CV25017

Comdix iniciación VI: Atopa o benestar dixital: tecnoloxía con sentidiño

20.5.2025

23.5.2025

1.6.2025

4.6.2025

9.11.2025

28.11.2025

19.00

CV25018

Comdix iniciación 0: Empezamos! Que nivel de competencias dixitais teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

10

3.000

Autoformación

7.4.2025

7.6.2025

Proba de avaliación aberta durante a duración do curso

CV25019

Comdix intermedio I: Afondando na contorna dixital. Autonomía na solución de problemas

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

25

50

Teleformación

27.10.2025

21.11.2025

26.11.2025

19.30

CV25020

Comdix intermedio II: Aplicando estratexias de busca, verificación e organización da información dixital

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

35

50

Teleformación

15.9.2025

20.10.2025

23.10.2025

18.00

CV25021

Comdix intermedio III: Comunicación e colaboración efectiva en contornas dixitais. Traballo en equipo e teletraballo

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

40

50

Teleformación

16.9.2025

27.10.2025

31.10.2025

19.30

CV25022

Comdix intermedio IV: Cidadanía dixital: afondando na Administración electrónica

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

50

50

Teleformación

8.10.2025

27.11.2025

2.12.2025

16.30

CV25023

Comdix intermedio V: Crea, actualiza e mellora contidos dixitais con creatividade e innovación

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

50

50

Teleformación

17.9.2025

6.11.2025

10.11.2025

19.00

CV25024

Comdix intermedio VI: Promovendo a seguridade, o benestar e a inclusión dixital

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

40

50

Teleformación

15.10.2025

24.11.2025

28.11.2025

19.30

CV25025

De Codix a Comdix iniciación

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo), que dispoñan da certificación Codix

60

50

Teleformación

7.4.2025

9.6.2025

3.12.2025