DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2025 Páx. 16450

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionadas/os no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 3 de xullo de 2023, e se convoca o acto telemático de elección de destino.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 28 de outubro de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 215, do 7 de novembro), faise público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso, polo sistema de concurso, á condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental, relativo á baremación definitiva dos méritos do concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as. Tamén se habilita un prazo de dez (10) días hábiles para a presentación da documentación prevista na base 9 da convocatoria para todas as persoas que participan no proceso selectivo.

A base novena da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 3 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 12 de xullo), pola que se convoca o proceso selectivo referido, dispón que as/os aspirantes que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo, non poderán ser nomeadas/os persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

A mesma base establece que, comprobada a documentación de todas/os as/os aspirantes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes definitivamente seleccionadas/os e indicará o prazo e o procedemento para a elección dos destinos ofertados.

En virtude do exposto, comprobada a documentación dos/das aspirantes e finalizados os prazos de impugnación administrativa, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. En cumprimento da base 9.2 da Resolución do 3 de xullo de 2023 pola que se convoca concurso de méritos, excluír do proceso selectivo, quedando anuladas as súas actuacións e decaendo en todos os dereitos derivados da participación nel, as seguintes aspirantes por non presentar dentro do prazo fixado a documentación preceptiva exixida:

Posto

Quenda

DNI

Apelidos e nome

47

Libre

***1044**

Paredes Deus, María Mercedes

90

Libre

***1135**

Sevilla Gómez, Andrea

102

Libre

***3089**

Hidalgo Armas, Laura

111

Libre

***7432**

Calviño Seoane, Noelia

117

Libre

***1692**

García López, María Jesús

Segundo. Como consecuencia da baixa no proceso selectivo dunha aspirante seleccionada: ***1044** Paredes Deus, María Mercedes, procede declarar como aspirante seleccionada pola mesma quenda de acceso, logo de achegar a documentación exixida na base 9.1 da Resolución do 3 de xullo de 2023, de convocatoria do proceso a: ***0961** Hellín Camacho, Carmen.

Terceiro. Publicar, como anexo I desta resolución, a relación das/dos aspirantes seleccionadas/os neste proceso, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo o establecido na base 9.6, as prazas adxudicaranse entre as/os aspirantes pola orde de puntuación acadada no proceso, con preferencia a favor dos/das aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna e segundo a prelación de destino/s que efectuasen, que terá carácter vinculante e irrenunciable.

Cuarto. A relación de prazas que se ofertan aos/ás participantes no proceso figuran como anexo I da Resolución desta dirección xeral de Recursos Humanos, do 3 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 12 de xullo), de convocatoria do proceso selectivo.

Quinto. Abrir un prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte día hábil ao desta publicación para que todos/as os/as aspirantes que participan no proceso seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.

Cada aspirante deberá elixir un número de destinos igual ao número do posto que ocupa pola orde de prelación que considere. Sen prexuízo do exposto, se solicita menos destinos que o posto que ocupa e non resulta adxudicatario/a de praza, non poderá ser nomeado/a persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións no proceso.

Os/as participantes no proceso selectivo, que non teñan a condición de seleccionados/as e que se relacionan no anexo II (Lista de aspirantes de reserva) desta resolución, poderán solicitar todos os destinos ofertados pola orde de prelación que consideren ou aqueles que fosen do seu interese. No suposto de quedar praza/s sen adxudicar entre os/as aspirantes seleccionados/as que figuran no anexo I desta resolución, adxudicaranse ao/s seguinte/s aspirante/s da lista de reserva (anexo II) que tivera seleccionada a dita praza pola orde de prelación da dita lista.

Os/as participantes no proceso selectivo que, no prazo indicado e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarios/as de ningún polos que optasen, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas por Resolución desta dirección, do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).

Sexto. Segundo o establecido na base 10.3 da convocatoria do proceso selectivo, a non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso selectivo.

A resolución pola que se convoca este proceso selectivo ditouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde, polo que con base no que establecen o artigo 20.3 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, así como o artigo 2 da referida Lei 2/2022, do 6 de outubro, imponse o máximo rigor na exixencia da incorporación efectiva ao servizo como requisito para adquirir a condición de persoal estatutario fixo, prevéndose expresamente no dito artigo que o persoal seleccionado nos concursos que se executen en aplicación desa norma legal deberá incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo, no destino adxudicado, para adquirir a condición de persoal estatutario fixo.

Logo de adquirir esa condición de persoal estatutario fixo poderá participar nos concursos de traslados da súa categoría e especialidade, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría e/ou especialidade, cando cumpra os requisitos comúns e acredite dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino no concurso.

Aqueles/as seleccionadas/os neste proceso que tomen posesión na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental serán excluídas/os dos procesos de selección temporal nos que estean inscritas/os no Servizo Galego de Saúde.

Respecto aos procesos de selección de persoal fixo na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental, xa convocados e nos que estean participando, en concreto o concurso-oposición convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro) e o concurso de méritos de estabilización convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro), serán excluídas/os destes procesos no momento en que como consecuencia da resolución deste concurso de méritos tomen posesión de praza na dita categoría, dado que non se pode acceder posteriormente á mesma categoría/especialidade na que xa acredita a condición de persoal fixo.

Sétimo. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Aspirantes seleccionadas/os

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

***2183**

Torres Malvar, María Delia

PI

5,000

12,700

22,000

0,000

39,700

2

***5011**

Bellido Pastrana, Óscar María

PI

5,000

12,160

15,690

1,200

34,050

3

***2786**

Noya Varela, Raquel

PI

5,000

13,360

9,610

0,000

27,970

4

***1767**

Paradelo Rodríguez, Noa Manuela

PI

5,000

12,270

8,152

2,400

27,822

5

***1083**

Veiras Veiras, Tania

L

5,000

13,180

21,976

4,000

44,156

6

***1104**

Acea López, Lorena

L

5,000

12,880

21,100

4,000

42,980

7

***9476**

Pereira Rodríguez, María Maite

L

5,000

12,770

22,000

2,800

42,570

8

***7649**

Correa Soto, Noa

L

5,000

12,580

22,000

2,800

42,380

9

***6227**

Potel Villar, María

L

5,000

12,440

21,150

3,450

42,040

10

***8635**

Cid Dorribo, Almudena

L

5,000

12,920

20,560

2,800

41,280

11

***1104**

González Fernández, Delia

L

5,000

12,880

20,353

2,800

41,033

12

***9210**

Vicente González, Sandra

L

5,000

14,000

18,410

3,600

41,010

13

***9028**

Barcala Amorín, Beatriz

L

5,000

13,020

19,716

2,800

40,536

14

***2901**

Gómez García, Mónica

L

5,000

13,300

19,130

2,800

40,230

15

***2942**

Pertega Andía, Elvira María

L

5,000

14,000

17,179

4,000

40,179

16

***4509**

Seijas Alfonso, María José

L

5,000

12,730

19,550

2,800

40,080

17

***6461**

Zurrón Madera, Paula

L

0,000

14,000

22,000

4,000

40,000

18

***6091**

Montoya Orte, Beatriz María

L

3,125

12,000

22,000

2,800

39,925

19

***5386**

Carballo Otero, Juan José

L

5,000

9,230

22,000

3,100

39,330

20

***9789**

García Prados, María Pilar

L

5,000

13,000

18,523

2,800

39,323

21

***8587**

Suárez Rosales, Natalia

L

5,000

12,910

17,350

4,000

39,260

22

***8461**

Moledo Carreño, María

L

5,000

12,280

19,100

2,800

39,180

23

***6345**

Diéguez Rodríguez, María

L

5,000

12,690

18,600

2,800

39,090

24

***9112**

Vila Espiño, María José

L

5,000

9,160

22,000

2,800

38,960

25

***4231**

Fungueiriño Castro, María José

L

5,000

12,890

18,200

2,800

38,890

26

***9552**

González Sanmiguel, Susana

L

5,000

12,520

18,400

2,900

38,820

27

***9601**

Baqueiro Valladares, María Dolores

L

5,000

9,000

22,000

2,800

38,800

28

***0571**

Ferreira García, Anxo

L

5,000

12,720

17,900

2,800

38,420

29

***8701**

Pérez Díaz, Almudena

L

5,000

12,180

18,200

2,800

38,180

30

***4195**

Díez Martínez, Regina

L

2,500

12,360

20,408

2,800

38,068

31

***8868**

Benavente Gajate, Elena

L

0,000

13,050

22,000

2,800

37,850

32

***7564**

Álvarez Barciela, Marta

L

5,000

13,170

16,695

2,800

37,665

33

***3408**

Pedreira Fraga, Gema

L

5,000

13,370

16,150

2,800

37,320

34

***9439**

Tapia Jara, Iratxe

L

5,000

12,380

16,800

2,800

36,980

35

***4717**

Facorro Regueira, Nerea

L

5,000

12,130

16,800

2,800

36,730

36

***0686**

Rodríguez Carreira, Carlota

L

5,000

12,600

16,100

2,800

36,500

37

***3432**

Cochón Iglesias, Carla

L

5,000

12,900

15,513

2,800

36,213

38

***4081**

Penas Busto, Sara

L

5,000

13,100

14,400

3,450

35,950

39

***8161**

Alonso Moreira, Diana

L

5,000

13,500

14,384

2,600

35,484

40

***0685**

Insua Barca, José Alejandro

L

5,000

12,980

14,600

2,800

35,380

41

***9389**

Pérez Baltar, Almudena

L

5,000

13,630

13,359

2,800

34,789

42

***7064**

Torres Prieto, Ana

L

5,000

13,210

13,700

2,800

34,710

43

***5401**

Vázquez López, Nerea

L

5,000

13,000

13,605

2,800

34,405

44

***9864**

Domínguez Martínez, Ana María

L

5,000

12,830

13,620

2,800

34,250

45

***1591**

Ferro Bua, Verónica

L

5,000

9,100

19,705

0,000

33,805

46

***0222**

Baña Sanmartín, Alicia

L

5,000

13,180

12,781

2,800

33,761

47

***7440**

González López, Lucía

L

5,000

13,080

12,200

3,450

33,730

48

***7366**

Pintos Bailón, Sarai

L

5,000

13,500

11,390

3,600

33,490

49

***4453**

García Garrido, Sara

L

5,000

13,050

12,600

2,600

33,250

50

***6351**

Barreiro Pesado, Ana

L

5,000

13,100

14,100

1,000

33,200

51

***5156**

Castro Sánchez, Lucía

L

5,000

13,160

12,200

2,800

33,160

52

***6361**

Alonso Pérez, Natalia

L

5,000

12,470

12,900

2,400

32,770

53

***9640**

Estévez Folgar, Nerea

L

5,000

13,010

11,900

2,800

32,710

54

***4880**

Vilariño Rodríguez, Ana María

L

5,000

12,320

12,300

2,800

32,420

55

***6251**

Álvarez Gómez, Tamara

L

5,000

12,630

12,500

2,200

32,330

56

***8507**

Maceira Soto, Olalla

L

5,000

13,780

10,650

2,800

32,230

57

***3349**

Pazos Sainza, Lorena

L

5,000

14,000

9,815

2,600

31,415

58

***6765**

Junquera Fernández, Raquel

L

0,000

12,000

18,500

0,800

31,300

59

***6192**

Espiño Lamas, Elena

L

5,000

13,110

9,600

3,400

31,110

60

***4560**

Rodríguez Gómez, Marta

L

5,000

12,860

13,200

0,000

31,060

61

***4663**

Forján González, Ana

L

5,000

13,300

10,850

1,800

30,950

62

***9334**

Mariño Guede, Miriam

L

5,000

13,300

9,800

2,800

30,900

63

***7773**

Berdión Marcos, Vanesa

L

0,000

13,500

13,550

3,600

30,650

64

***7646**

Aneiros Naranjo, Jennifer

L

5,000

12,590

9,850

2,800

30,240

65

***2005**

Villamandos García, Diana

L

0,000

12,630

12,700

4,000

29,330

66

***3633**

Hernández Patiño, Paloma

L

5,000

12,870

9,050

2,400

29,320

67

***0706**

Salas Castro, Marta

L

5,000

13,860

7,855

2,440

29,155

68

***3650**

Vázquez González, Alexia

L

5,000

13,660

7,800

2,640

29,100

69

***6273**

Vilariño Barreiro, María del Carmen

DI

5,000

13,200

8,940

1,600

28,740

70

***0214**

Tabeayo Prego, Lidia

L

5,000

12,320

11,400

0,000

28,720

71

***2101**

Pena Díaz, Jéssica

L

5,000

12,630

7,900

3,140

28,670

72

***3883**

Vidal Tarela, Cristina

L

5,000

12,620

11,040

0,000

28,660

73

***0265**

García Álvarez, María Vanesa

L

0,000

13,000

15,093

0,000

28,093

74

***9822**

López Hermida, César

L

5,000

12,320

10,186

0,000

27,506

75

***0173**

Feijoo Barbeito, Marina

L

5,000

12,540

7,702

2,040

27,282

76

***6403**

Borja Andrés, Héctor

L

0,000

14,000

10,250

3,000

27,250

77

***0415**

Hidalgo Álvarez, Sofía

L

5,000

12,960

6,950

1,770

26,680

78

***0737**

González Roade, Marta

L

5,000

13,540

6,321

1,800

26,661

79

***3491**

Couto Varela, Silvia María

L

5,000

13,010

6,964

1,400

26,374

80

***4547**

González Sánchez, Héctor

L

0,000

12,490

10,800

2,600

25,890

81

***7022**

López López, Carla

L

5,000

13,310

3,310

4,000

25,620

82

***5053**

Caballero Bello, Karla Alexis

L

5,000

13,520

5,400

1,650

25,570

83

***8351**

Eslava Nodar, Noela

L

5,000

13,480

6,901

0,000

25,381

84

***9000**

González Pérez, Soraya María

L

5,000

13,010

6,362

1,000

25,372

85

***8251**

Piñeiro Vázquez, Eva

L

5,000

13,650

5,033

1,600

25,283

86

***0811**

Piñeiro Otero, Silvia

L

5,000

12,000

8,250

0,000

25,250

87

***9862**

Fernández Martínez, Clara

L

5,000

12,390

6,271

1,000

24,661

88

***0761**

Tuñas Gesto, Patricia

L

5,000

12,920

5,600

1,000

24,520

89

***0876**

Varela Betolaza, Marta

L

5,000

13,230

5,200

1,000

24,430

90

***6438**

Álvarez Duarte, Aroa

L

5,000

12,950

5,600

0,400

23,950

91

***2893**

Fernández Fernández, Carlos

L

5,000

12,410

5,445

1,000

23,855

92

***2984**

López Vigil, Elizabet

L

1,875

12,430

9,148

0,000

23,453

93

***0961**

Hellín Camacho, Carmen

LI

0,000

14,000

7,850

1,400

23,250

94

***5918**

García Surribas, Lucía

DI

5,000

12,910

2,500

0,000

20,410

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

ANEXO II

Aspirantes de reserva

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

95

***0965**

Ausina Arrojo, Alejandro

LI

5,000

13,800

4,321

0,000

23,121

96

***1142**

Martínez Ferreiro, Sara

LI

5,000

13,760

3,199

0,630

22,589

97

***8207**

Martínez Pérez, Jennifer

LI

5,000

13,400

3,202

0,530

22,132

98

***7214**

Sánchez Vilas, Laura

LI

5,000

13,640

3,000

0,240

21,880

99

***8369**

Ribera Sánchez, Ana

LI

5,000

13,290

2,927

0,530

21,747

100

***8251**

Piñeiro Vázquez, Sara

LI

5,000

13,620

2,234

0,630

21,484

101

***8235**

Álvarez Otero, Zaida

LI

5,000

12,210

4,209

0,000

21,419

102

***8737**

Paz Porto, Sara

LI

5,000

13,440

2,071

0,530

21,041

103

***8199**

Ares Mouronte, Xemma

LI

5,000

13,480

2,000

0,530

21,010

104

***7565**

Jiménez Rodríguez, Iria

LI

5,000

12,660

2,786

0,530

20,976

105

***7503**

Mcginty Hill, Alice Elizabeth

LI

0,000

13,600

5,600

1,770

20,970

106

***2876**

Domínguez Gonçalves, Melissa

LI

5,000

12,840

2,350

0,500

20,690

107

***8162**

Pintiel Arruego, María Pilar

LI

0,000

12,550

5,550

2,450

20,550

108

***0003**

Parga Martínez, Marta

LI

5,000

13,090

1,850

0,530

20,470

109

***9146**

García Álvarez, Aitana

LI

5,000

12,390

1,875

1,100

20,365

110

***1743**

López Loira, Verónica

LI

5,000

13,140

2,150

0,000

20,290

111

***5232**

Villar Gesto, Belén

LI

5,000

12,500

2,041

0,530

20,071

112

***8123**

Vázquez Valdés, Xulia

LI

5,000

13,140

1,250

0,530

19,920

113

***8360**

García Viña, Laura

LI

5,000

13,340

1,352

0,000

19,692

114

***6409**

Martínez Martínez, Alicia

LI

0,000

13,570

5,900

0,170

19,640

115

***8101**

Vila Barrios, Lucía

LI

5,000

14,000

0,200

0,000

19,200

116

***4284**

Freijeiro Llorca, Ana

LI

5,000

12,470

0,150

1,430

19,050

117

***6634**

Fontaneda Casado, Sara

LI

0,000

12,750

5,850

0,400

19,000

118

***8958**

Díaz Tella, María

LI

5,000

12,590

1,391

0,000

18,981

119

***8235**

García Fernández, Fátima

LI

5,000

13,070

0,400

0,440

18,910

120

***2335**

Novo Rosario, Marcos

LI

5,000

9,760

3,602

0,500

18,862

121

***3028**

Diéguez Álvarez, Jéssica

LI

5,000

13,000

0,050

0,800

18,850

122

***8551**

Rovira Piñeiro, Tamara

LI

5,000

12,980

0,300

0,000

18,280

123

***9139**

Casanova Ramos, María

LI

5,000

13,180

0,000

0,000

18,180

124

***5055**

González Brao, Teresa

LI

5,000

12,330

0,750

0,000

18,080

125

***4508**

Souto Nieves, Marta

LI

5,000

13,000

0,000

0,000

18,000

126

***0954**

Otero Dans, Catuxa

LI

5,000

12,500

0,000

0,000

17,500

127

***2975**

Román Pérez, Esperanza

LI

5,000

9,900

1,180

0,000

16,080

128

***2978**

Ferreiro Tiemblo, Elena

LI

0,000

13,070

1,500

1,000

15,570

129

***3616**

Regueiro Abel, Marta

LI

5,000

9,840

0,000

0,000

14,840

130

***9646**

López García, Josefa

LI

5,000

9,000

0,253

0,000

14,253

131

***5369**

Vaquero Estébanez, Soraya

LI

0,000

11,440

2,000

0,000

13,440

132

***4277**

Vergara González, Verónica

LI

0,000

12,530

0,750

0,000

13,280

133

***3753**

Sánchez Vázquez, Mario

LI

0,000

8,620

0,000

0,000

8,620

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.