DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2025 Páx. 16565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0371/2024-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0371/2024-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

Vigo, 25 de febreiro de 2025

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0371/2024-PPM

10015323

Resolución

Matriz, Caminha (Portugal)

PSC-PO-0632/2024-PRE

76998363K

Resolución

Camiño da Fonte, 23, Oia

PSC-PO-0633/2024-V

35563959W

Resolución

Contrasto, 53, O Porriño

PSC-PO-0639/2024-PRE

15490726L

Resolución

Carrasquedo de abaixo, 20, Gondomar

PSC-PO-0664/2024-PPM

77007495E

Resolución

Avenida San Telmo, 44, Redondela