A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre convoca 30 bolsas (10 delas destinadas a alumnos/as preferentemente iberoamericanos/as, que inclúen unha dotación económica de 4.000 euros cada unha) para estudar o máster universitario en Produción Xornalística e Audiovisual da Universidade da Coruña, durante o curso académico 2025/26. Establécense dous prazos para o envío e presentación de solicitudes: do 6 de febreiro ao 16 de maio de 2025 (prazo anticipado) e do 26 de xuño ao 14 de xullo de 2025 (prazo ordinario).
Bases da convocatoria e solicitudes dispoñibles na páxina web www.mpxa.net
A Coruña, 17 de febreiro de 2025
José Francisco Sánchez Sánchez
Director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre
