DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2025 Páx. 16515

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2025 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (magnetosusceptibilidade e crioxenia), en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 21 de maio de 2024.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 21 de maio de 2024 (Diario Oficial de Galicia do 31 de maio) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (magnetosusceptibilidade e crioxenia), grupo II, pola quenda de promoción interna, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (magnetosusceptibilidade e crioxenia) a persoa que superou o proceso selectivo e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato, ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, nas cales se poderá asinar o contrato durante esta situación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***6904**

Ponte Mecías, Juan José