En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Marcelino Misa Rodríguez, en representación da Comunidade de Usuarios de San Roque.
Expediente: DH.A36.104870.
Volume total anual: 24.311,70 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 2,26 l/s.
Destino: abastecemento e outros usos ambientais: depósito contra incendios.
Orixe: nove (9) mananciais: M1 a M9.
M1 na parcela 311, polígono 42.
M2 na parcela 296, polígono 42.
M3 na parcela 241, polígono 42.
M4 na parcela 186, polígono 42.
M5, M6 na parcela 160, polígono 43.
M7 na parcela 199, polígono 40.
M8 na parcela 75, polígono 40.
M9 na parcela 198, polígono 40.
Todas do catastro de Gondomar.
Lugares: O Picouso, Regodagua e Pintor.
Parroquia: Morgadáns, Chaín.
Concello: Gondomar.
Descrición:
A auga de M1 a M4 reúnese para conducila a depósito 1, na parcela 182, polígono 42, que abastece depósito contra incendios na parcela 1, polígono 43. A de M5, M6 e M7 condúcese a depósito 2 na parcela 191, polígono 40. De ambos os depósitos segue a arqueta xeral, que recibe tamén a auga de M8 e M9, da cal parte rede de distribución ás vivendas que abastece a Comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 13 de febreiro de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
