DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2025 Páx. 16664

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, subgrupo C1.

A disposición adicional décimo sétima da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, recolle a modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo pola cal o persoal laboral fixo que desempeña funcións correspondentes a persoal funcionario e non cumpre os requisitos establecidos na disposición transitoria primeira da dita lei pode acceder aos corpos ou escalas de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia a que figuren adscritas as funcións que realicen, de conformidade coas equivalencias entre as categorías profesionais de persoal laboral e as escalas de persoal funcionario fixadas polo Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, sempre que posúa a titulación necesaria, reúna os restantes requisitos exixidos, non exceda a idade de xubilación forzosa e supere o correspondente proceso selectivo realizado de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, así como os demais establecidos nos artigos 49 a 55 da dita Lei 2/2015, do 29 de abril.

Esta convocatoria asínaa a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020, da Consellería de Facenda, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro).

En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos na inscrición das solicitudes de participación neste proceso selectivo.

Por conseguinte, e de conformidade co establecido no Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, con respecto ás prazas que figuran e sen prexuízo de convocatorias posteriores se resulta necesario, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (en diante, LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo, grupo B, e no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, subgrupo C1.

Normas xerais.

I.1. O obxecto deste proceso é permitir o cambio do vínculo xurídico do persoal laboral fixo á condición de persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas pertencentes ao grupo B e ao subgrupo C1, que se relacionan no anexo I, pola quenda de prazas afectadas pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo.

O proceso selectivo consistirá nunha proba tipo test e unha fase de concurso.

I.1.1. A este proceso seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (en diante, TRLEBEP), a LEPG, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos das persoas aspirantes.

Para seren admitidas ao proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán posuír os seguintes requisitos:

I.2.1. Idade: non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter a titulación académica establecida no anexo I.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

Para os efectos desta convocatoria, o termo equivalente entenderase referido exclusivamente ás titulacións que, como consecuencia da implantación de novos estudos adaptados ás sucesivas reformas educativas, viñeron substituír as titulacións extinguidas.

I.2.3. Ser persoal laboral fixo da Xunta de Galicia das categorías establecidas no anexo I, sen que sexa de aplicación o establecido na disposición transitoria primeira da LEPG e na disposición transitoria segunda do TRLEBEP.

1.2.4. Figurar na listaxe que, para cada categoría, figura como anexo II desta convocatoria.

I.2.5. Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións ou tarefas que deriven do correspondente nomeamento.

I.2.6. Habilitación: non ter sido separada/o nin despedida/o, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

I.2.7. Non poderán participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala, corpo e grupo obxecto desta convocatoria; o persoal laboral fixo susceptible de funcionarizarse ao abeiro da disposición transitoria primeira da LEPG e a disposición transitoria segunda do TRLEBEP, e o persoal laboral que accedeu á condición de persoal laboral fixo ao abeiro do disposto no Decreto 289/2001, do 15 de novembro, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e a aplicación do previsto na disposición transitoria décimo primeira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

I.2.8. Todos os requisitos se deberán posuír na data de expiración do prazo de presentación de solicitudes de participación neste proceso e se deberán manter ata o momento da toma de posesión como funcionario de carreira, agás o requisito de ocupar un posto de traballo clasificado como de persoal funcionario de carreira, que se deberá cumprir antes da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

I.2.9. No caso de participación neste proceso de modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo de persoas que teñan a condición de vítimas de violencia de xénero, habilitaranse as medidas necesarias para garantir a protección dos seus datos persoais.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no seguinte enderezo: https://xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion-e-promocion-especifica. Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e deberán pagar a taxa que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea vixente no momento de presentala, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán rexistrar os seus datos de identidade e contacto, que se empregarán para as súas solicitudes.

Unha vez completados os datos dos solicitantes, poderase iniciar o proceso de inscrición.

As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, na epígrafe «Idioma do exame», se o texto do exercicio deberá entregarse en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar a opción.

As persoas aspirantes deberán declarar as circunstancias particulares en que se encontren relativas ao pagamento de taxas.

As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

Se a solicitude deriva dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes desde que se producise o feito causante e, en calquera caso, nas 24 horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio en que proceda a súa aplicación.

As persoas aspirantes que soliciten as adaptacións sinaladas poderán solicitar na mesma epígrafe a presenza, durante a realización do exercicio, de atención médica especializada. Neste suposto, deberán acreditar e presentar, antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia auténtica do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

I.3.2. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

I.3.3. As persoas interesadas deberán incorporar obrigatoriamente, xunto coa solicitude de participación e a través da aplicación informática, a seguinte documentación:

a) Xustificante da condición de persoa con discapacidade, no caso de estar expedido por outra comunidade autónoma.

b) Xustificante da condición de familia numerosa, no caso de estar expedido por outra comunidade autónoma.

Os datos relativos á exección de taxa consultaranse automaticamente a non ser que as persoas interesadas se opoñan á consulta da documentación; nese caso, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar a seguinte documentación:

Persoas con discapacidade: certificado de discapacidade.

Vítimas de terrorismo: resolución administrativa pola cal se recoñeza tal condición.

Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial, ou carné familiar en que conste o dito carácter.

Para a remisión electrónica, empregarán as epígrafes habilitadas para o efecto. Se non dispoñen de copias auténticas, deberán xerar o anexo de documentación e achegar, coa súa solicitude, orixinal ou copia debidamente compulsada dos documentos xustificativos segundo os supostos en que se encontren.

De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % importe total da taxa:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As vítimas de terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste punto, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista, o seu cónxuxe ou persoa que conviva con análoga relación de afectividade, e os fillos dos feridos e falecidos.

I.3.4. Para o pagamento da taxa deberá actuar do seguinte xeito:

Pagamento electrónico: deberá introducir os datos da tarxeta, de crédito ou débito, ou bizum, na opción de pagamento electrónico, e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Se ademais emprega o certificado dixital, poderá realizarse o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado das entidades que ofrecen esta posibilidade.

Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante. Unha vez feito o pagamento presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente e continuar a inscrición. Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (número de rexistro completo) correspondente. Unha vez completados os datos, validarase o NRC premendo o botón «Validar NRC».

A Administración devolveralles o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación das listaxes definitivas de admitidos e excluídos no DOG.

Para iso será necesario que a persoa interesada presente un escrito, dirixido ao Servizo de Planificación Administrativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, en que solicite a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame, que introduza completo o seu número de conta bancaria na aplicación Fides, na epígrafe «expediente-datos persoais» e que achegue o certificado expedido pola entidade financeira no cal figuren os datos asociados a esa conta. A presentación fóra do prazo indicado deste escrito ou do certificado, ou a non introdución en prazo dos datos bancarios en Fides, supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente, salvo no suposto regulado no parágrafo seguinte.

Procederá a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame por aquelas persoas aspirantes que acadasen un posto na mesma categoría, corpo, grupo, escala ou especialidade, en virtude dun proceso selectivo que se encontre en execución e que na data da publicación desta convocatoria non rematase, sempre que non realizasen ningún exercicio deste proceso e renuncien á participación nel. Para teren dereito a esta devolución, as persoas interesadas deberán presentar escrito de renuncia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listaxes definitivas de admitidos e excluídos. O escrito de renuncia dirixirase ao Servizo de Planificación Administrativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e solicitarase a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame. A persoa interesada introducirá, ademais, o número de conta bancaria completo na aplicación Fides, na epígrafe «expediente-datos persoais», e achegará o certificado expedido pola entidade financeira no cal figuren os datos asociados a esa conta. A presentación fóra do prazo indicado do escrito, da renuncia ou do certificado, ou a non introdución en prazo dos datos bancarios en Fides, supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

I.3.5. Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento, accedendo ao sistema en Inscricións en procesos selectivos, onde figurará unha listaxe de todas as solicitudes.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes dispoñerán de axudas e formas de contacto específicas en cada pantalla.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal aprobará as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación dos seus apelidos, nome, catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade e causas das exclusións que procedan. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica

I.4.2. As persoas aspirantes excluídas dispoñerán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da dita resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou alegar o que xulguen procedente.

As alegacións contra as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas deberán presentarse a través da aplicación Fides http://fides.xunta.gal

As persoas aspirantes afectadas poderán acceder á solicitude correspondente e completar os documentos solicitados.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, que será publicada no DOG, pola cal se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica

O feito de figuraren na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando, da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

II.1. Proba tipo test.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo a esta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente en 30 de xuño de 2023, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

Para o desenvolvemento desta proba, as persoas aspirantes poderán tomar como referencia a batería de preguntas que para o subgrupo C1 está publicada no enderezo
https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarización

II.1.1. Exercicios.

A proba tipo test consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de oitenta (80) preguntas tipo test relacionadas co anexo do programa. Este exercicio será eliminatorio e obrigatorio.

O exercicio dispoñerá de cinco (5) preguntas de reserva.

As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta.

Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.

O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número e contido dos temas que integran o programa. Na elaboración das preguntas deste exercicio respectarase a orde establecida nos parágrafos anteriores.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de cen (100) minutos.

O exercicio cualificarase como apto ou non apto e, para obter a cualificación de apto, será necesario acadar o mínimo de preguntas correctas que determine o tribunal.

Para o desenvolvemento desta proba poderán servirse de textos legais sen comentarios. En relación con estes, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica

Este exercicio realizarase no prazo máximo de tres (3) meses desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

II.1.2. Desenvolvemento do exercicio.

II.1.2.1. A orde de actuación das persoas aspirantes, de ser necesario, iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra «T», de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda, do 28 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 24, do 4 de febreiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado.

II.1.2.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, ao xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.

II.1.2.3. A proba realizarase a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, as que integran o tribunal e as designadas pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal como colaboradoras.

II.1.2.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal para acreditaren a súa identidade.

II.1.2.5. O chamamento para a proba será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas do proceso.

As mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coa data de realización da proba, polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal e xuntarán á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.1.2.6. O anuncio de realización da proba publicarase no DOG e no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica, con corenta e oito (48) horas hábiles, polo menos, de antelación á sinalada para o seu inicio.

II.1.2.7. Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar, nos tres (3) días hábiles seguintes ao da realización da proba tipo test, anula algunha ou algunhas das súas preguntas ou modifica o modelo de corrección, publicarao no DOG. As alegacións contra as preguntas deberán presentarse a través da aplicación Fides (http://fides.xunta.gal).

II.1.2.8. A listaxe das persoas aspirantes aptas/non aptas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica

Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola cal se fan públicas as cualificacións do correspondente exercicio.

II.1.2.9. En calquera momento do proceso, se o tribunal ten coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que non se acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal propoñeralle a súa exclusión do proceso ao órgano que convoca, que publicará a resolución que corresponda.

II.1.2.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.

No caso de que o tribunal acorde parámetros para a cualificación do exercicio, en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.

II.2. Fase de concurso.

II.2.1. A fase de concurso consistirá na valoración, ás persoas que resultaron aptas na proba tipo test, dos seguintes méritos:

a) Antigüidade: os servizos serán valorados por meses de 30 días a razón de 0,05 puntos/mes.

Para estes efectos, calcularase o número total de días correspondentes aos períodos computables, dividirase o resultado entre trinta (30) e multiplicarase o cociente, desprezando os decimais, por 0,05.

Computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na Administración pública.

A puntuación máxima por esta epígrafe será de 10 puntos.

b) Pola superación de exercicios ou probas de procesos selectivos convocados con data posterior á data de entrada en vigor do TREBEP para adquirir a condición de persoal laboral fixo para o acceso á mesma categoría profesional que se convoca: 4 puntos.

II.2.2. O concurso de méritos será cualificado de apto ou non apto e, para superalo, será necesario acadar unha puntuación mínima de 4 puntos entre todos os baremos puntuables.

II.3. Os méritos enumerados na base II.2 deberán referirse á data de publicación desta convocatoria.

II.4. O tribunal procederá á baremación provisional da fase de concurso, coa colaboración técnica que precise do persoal da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, e publicaraa no DOG, con indicación da cualificación de apto ou non apto. Contra a baremación provisional, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamacións, ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG da dita baremación.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal procederá á publicación no DOG da baremación definitiva da fase de concurso.

III. Tribunal.

III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por resolución da consellería competente en materia de emprego público e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, artigo 60 do TRLEBEP, artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, e o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran nelas circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, no artigo 59.2 da LEPG, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas pola Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 11 de abril de 2007, e no Acordo adoptado no Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

A Presidencia deberá solicitarlles ás restantes persoas que formen parte do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor previsto na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non encontrarse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar os integrantes do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro, consonte o establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a resolución correspondente pola que se nomeen os novos integrantes do tribunal que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso das persoas que ocupen a Presidencia e a Secretaría, ou de quen as substitúa.

III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección, e no resto do ordenamento xurídico.

III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da persoa que ocupe a Secretaría e o visto e prace da persoa que ocupe a Presidencia, ou quen as substitúa.

III.8. A Presidencia do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes, e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e a valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes a que corresponden os resultados obtidos.

III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, que se deberá limitar a colaborar nas súas especialidades técnicas e terá voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidade desfruten de similares condicións para realizar os exercicios que os restantes participantes. Para tal fin estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten na forma prevista na base I.3, as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se, durante a realización do proceso selectivo, o tribunal ten dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ou escala a que opta, poderá solicitar o ditame do órgano competente.

III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros se poidan desprazar ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

III.12. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

III.13. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de persoas aptas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario de carreira.

IV.1. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente. Na mesma resolución propoñerá o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Á vista da proposta anterior, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requirirá, con indicación da documentación que deberán achegar para a súa acreditación, aquelas persoas aspirantes que, tendo superado a modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, non acreditan de xeito suficiente que posúen todos os requisitos para seren nomeadas funcionarias de carreira, para que no prazo de vinte (20) días hábiles presenten a documentación requirida.

IV.2. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.3. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario de carreira mediante unha orde da persoa titular da consellería competente en materia de función pública, que se publicará no DOG.

IV.4. Na mesma orde de nomeamento a que fai referencia o punto anterior estableceranse os prazos e o procedemento para a toma de posesión como persoal funcionario de carreira, para o cal será requisito imprescindible subscribir un acordo de extinción do contrato de traballo que estará condicionado á dita toma de posesión.

IV.5. A toma de posesión efectuarase con carácter definitivo no mesmo posto que se viñese ocupando como persoal laboral.

O persoal laboral fixo que supere a modalidade específica de promoción desde un destino con carácter provisional tomará posesión como persoal funcionario de carreira con ese carácter.

O persoal laboral fixo ao cal se lle adxudique un posto de traballo ao abeiro do disposto no artigo 7.4 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, así como o persoal laboral fixo ao cal se lle adxudique un posto de traballo ao abeiro do artigo 7.4.b) do IV Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, adquirirá a condición de funcionario de carreira desde a categoría profesional en que se realizou a dita adxudicación, e sen prexuízo da compatibilidade ou non da correspondente pensión de incapacidade que teñan recoñecida.

IV.6. A toma de posesión como funcionario de carreira terá como consecuencia a extinción da vinculación laboral coa Xunta de Galicia unicamente respecto do posto obxecto de modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, conservando as excedencias concedidas noutras categorías laborais antes da adquisición da condición de persoal funcionario de carreira.

V. Disposición derradeira.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I
Relación de categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia obxecto de modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo

Categoría

Prazas

Corpo

Escala

Titulación requirida

50 Técnico/a especialista en xardín de infancia (técnicos/as superiores en educación infantil)

83

Técnicos de carácter facultativo de Administración especial (grupo B)

Axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil

Técnico superior en Educación Infantil ou equivalente

ANEXO II
Cadro de postos

Categoría 50

Técnico/a especialista en xardín de infancia (técnico/a superior en educación infantil)

DNI

Inicial apelido 1

Inicial apelido 2

Inicial nome

PS.S19.40.401.15400.023

***5966**

A

L

A

PS.S19.40.401.36210.022

***8411**

A

R

A

PS.S19.40.401.32060.020

***7374**

Á

D

P

PS.S19.40.401.32001.022

***6336**

Á

V

S

PS.S19.40.401.32850.020

***2292**

B

S

P

PS.S19.40.401.36560.022

***5615**

B

R

A

PS.S19.40.402.15170.028

***8902**

B

R

M

PS.S19.40.401.15400.020

***6907**

C

A

M

PS.S19.40.401.36235.022

***5954**

C

M

M

PS.S19.40.401.32010.023

***6695**

C

P

N

PS.S19.40.401.15590.023

***2145**

C

N

M

PS.S19.40.401.36235.021

***4086**

C

P

D

PS.S19.40.402.15350.022

***5538**

C

B

M

PS.S19.40.401.36580.020

***9600**

C

R

M

PS.S19.40.401.15300.025

***8773**

D

V

E

PS.S19.40.401.36580.021

***6963**

D

T

R

PS.S19.40.402.36240.020

***2808**

D

F

V

PS.S19.40.402.15300.021

***1526**

D

M

A

PS.S19.40.401.36560.021

***8498**

D

B

S

PS.S19.40.401.36480.020

***4680**

D

S

S

PS.S19.40.401.32320.026

***2672**

D

R

M

PS.S19.40.401.36480.023

***0904**

D

A

V

PS.S19.40.401.36030.020

***9947**

E

M

L

PS.S19.40.401.32001.021

***1809**

F

O

E

PS.S19.40.401.27001.026

***3999**

F

R

P

PS.S19.40.401.32001.020

***7019**

F

V

E

PS.S19.40.401.27280.031

***4509**

F

C

M

PS.S19.40.402.15170.027

***6142**

F

S

N

PS.S19.40.401.15770.020

***0372**

F

C

M

PS.S19.40.401.36040.020

***1051**

G

I

J

PS.S19.40.401.32010.022

***6616**

G

C

P

PS.S19.40.401.15730.022

***9740**

G

B

M

PS.S19.40.401.15400.022

***4319**

G

L

S

PS.S19.40.401.15300.021

***3450**

G

M

M

PS.S19.40.401.32010.040

***7009**

G

R

L

PS.S19.40.401.36210.023

***5673**

G

S

E

PS.S19.40.401.15530.027

***2213**

H

P

M

PS.S19.40.402.32001.023

***9013**

L

V

B

PS.S19.40.401.32320.025

***2403**

L

A

C

PS.S19.40.401.15210.020

***5328**

L

E

M

PS.S19.40.401.36540.028

***3664**

L

L

V

PS.S19.40.401.32010.021

***8664**

L

M

M

PS.S19.40.401.36320.021

***0452**

L

G

N

PS.S19.40.401.36210.020

***7459**

M

C

M

PS.S19.40.401.15210.022

***7620**

M

V

M

PS.S19.40.401.32230.020

***7305**

M

A

Y

PS.S19.40.401.36480.024

***7646**

M

M

F

PS.S19.40.401.32001.024

***3143**

M

B

S

PS.S19.40.402.15300.020

***8108**

M

F

A

PS.S19.40.401.32800.022

***7257**

M

M

M

PS.S19.40.402.36240.022

***1636**

P

U

R

PS.S19.40.401.32010.025

***1341**

P

R

M

PS.S19.40.401.36350.022

***0538**

P

P

T

PS.S19.40.401.36480.021

***7525**

P

P

P

PS.S19.40.401.36320.020

***2759**

P

R

A

PS.S19.40.401.15400.021

***1030**

P

T

L

PS.S19.40.401.32010.024

***9031**

P

T

S

PS.S19.40.401.36560.024

***6945**

Q

S

S

PS.S19.40.401.36040.022

***0593**

Q

L

L

PS.S19.40.402.36240.023

***2416**

R

I

I

PS.S19.40.401.15210.021

***2060**

R

G

S

PS.S19.40.402.36240.021

***3771**

R

S

C

PS.S19.40.401.15730.023

***1824**

R

M

C

PS.S19.40.401.15210.023

***3271**

R

C

R

PS.S19.40.401.36030.022

***9382**

R

G

M

PS.S19.40.401.36520.022

***2768**

R

V

A

PS.S19.40.401.36560.023

***4081**

R

F

P

PS.S19.40.401.32800.021

***5933**

R

A

L

PS.S19.40.401.15730.020

***7530**

S

R

E

PS.S19.40.401.36120.023

***8494**

S

S

A

PS.S19.40.401.32001.023

***2734**

S

A

A

PS.S19.40.401.15770.023

***1871**

S

G

M

PS.S19.40.401.15300.022

***6873**

S

V

M

PS.S19.40.401.36520.020

***8589**

S

R

V

PS.S19.40.401.32001.028

***2945**

S

P

A

PS.S19.40.401.36360.014

***6560**

S

L

L

PS.S19.40.401.32001.027

***4901**

T

J

M

PS.S19.40.401.36030.023

***0163**

T

O

Y

PS.S19.40.401.36030.021

***8810**

U

N

C

PS.S19.40.401.15770.021

***8159**

V

S

I

PS.S19.40.401.36560.020

***1714**

V

A

A

PS.S19.40.401.36520.021

***8977**

V

R

A

PS.S19.40.401.36235.020

***5896**

V

F

E

ANEXO III
Temario do subgrupo C1

Tema 1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (título preliminar a título II).

Tema 2. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (título III e título IV).

Tema 3. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (título preliminar, capítulo I e capítulo II, agás subsección 2ª da sección 3ª).

Tema 4. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (título preliminar, capítulo III e capítulo IV).

Tema 5. Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (título preliminar, título I e título IV).

Tema 6. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (título I, título III, título V e título VI).

Tema 7. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (capítulo I a capítulo III).

Tema 8. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social (título preliminar, título I, capítulo II, IV, V, VI e VII).

Tema 9. Lei 2/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (título preliminar e título I).

Tema 10. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade (título preliminar; título I, capítulo I e II; título II).