O 28.6.2024, Iberdrola Renovables Galicia, S.L.U. presentou a solicitude de declaración de utilidade pública para o proxecto denominado parque eólico Muras repotenciación.
Mediante o Acordo do 23 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, sometéronse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de modificación substancial das instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto de renovación tecnolóxica do parque eólico de Muras, nos concellos de Muras e Ourol (expediente IN408A 2024/010), publicado no DOG núm. 169, do 3.9.2024.
Atendendo á información actualizada facilitada pola mencionada empresa, así como debido ás modificacións do proxecto, introducíronse cambios na relación de bens e dereitos afectados sometida inicialmente a información pública, o que supón o incremento das afeccións sobre algunhas das parcelas.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo indicado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2025
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
|
Predio do proxecto |
Interesado/a |
Concello |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Acto que se notifica |
|
145 |
Montes abertais da Gañidoira e das Fragas de Ximarás |
Muras |
31 |
41 |
Gañidoira |
Incremento afeccións RBDA |
|
149 |
Montes abertais da Gañidoira e das Fragas de Ximarás |
Muras |
31 |
42 |
Fonte Lobeda |
Incremento afeccións RBDA |
