DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2025 Páx. 16753

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do acordo de cesión gratuíta de parcelas do patrimonio municipal do solo para a construción de vivendas de promoción pública.

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar o 7 de febreiro de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo que se transcribe literalmente a continuación: 

«Primeiro. Tomar coñecemento da Resolución do director xeral do IGVS, do 28 de novembro de 2024, pola que se solicita a cesión gratuíta dunhas parcelas municipais integrantes do patrimonio municipal do solo á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A., completada coa Memoria, do 3 de xaneiro de 2025, explicativa acerca dos usos e prazos de execución das vivendas nas ditas parcelas municipais.

Segundo. Aprobar inicialmente a cesión gratuíta, suxeita á condición ou cláusula modal de afectación permanente das parcelas ao cumprimento do fin de promoción da vivenda pública na cidade da Coruña, á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A., das seguintes parcelas municipais integrantes do patrimonio municipal do solo:

a) Parcela B5 do polígono F6.02-Praza porticada I-PB5.

Localización: rúa Rey Abdullah, s/n, A Coruña.

Superficie: 281,80 m2.

Referencia catastral: 7716064NJ4071N0001OM.

Código: C-CORUREI1-ACE.

b) Parcela 5D Os Rosales, das resultantes do proxecto de compensación do polígono Los Rosales.

Localización: polígono Los Rosales; Zona Elíptica, A Coruña.

Superficie: 1.220,00 m2.

Referencia catastral: 5725501NJ4052N0001LO.

Código: C-CORUSIM1-ACE.

c) Parcela R3 Pedro Fernández, resultante da execución do proxecto de equidistribución do polígono 1 Lugar de Pedro Fernández I.

Localización: polígono 1 Lugar de Pedro Fernández I, A Coruña.

Superficie: 1.238,20 m2.

Referencia catastral: 9758603NH4997N0001YP.

Código: C-CORUPED1-ACE.

d) Parcela R4 Pedro Fernández, resultante da execución do Proxecto de equidistribución do polígono 1 Lugar de Pedro Fernández I.

Localización: polígono 1 Lugar de Pedro Fernández I, A Coruña.

Superficie: 290,47 m2.

Referencia catastral: 9758604NH4997N0001GP.

Código: C-CORUPED2-ACE.

Terceiro. Acordar a exposición do citado expediente de cesión gratuíta de bens a información pública polo prazo de vinte (20) días, contados desde a publicación no Boletín Oficial da provincia, para os efectos do xeral coñecemento, consulta e, de ser o caso, presentación das reclamacións ou alegacións que se consideren oportunas e, en caso de ausencia destas, aprobar definitivamente o expediente sen necesidade dunha nova aprobación pola Xunta de Goberno Local. 

Cuarto. Levar a cabo as modificacións oportunas no Inventario municipal de bens inmobles integrantes do patrimonio municipal do solo e comunicarlle ao órgano competente da Xunta de Galicia a cesión gratuíta das parcelas municipais.

Quinto. Notificarlles este acordo ao Instituto Galego da Vivenda e Solo e á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A. 

Sexto. Publicar este acordo no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. Facultar o concelleiro responsable da Área de Urbanismo, Vivenda e Rehabilitación para a realización de cantos actos, trámites e xestións sexan procedentes para o bo fin do acordo adoptado».

A Coruña, 12 de febreiro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área
de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda