O Pleno, en sesión que tivo lugar o 23 de decembro de 2024, acordou:
Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para reordenación de volumes na parcela con referencia catastral 9859801NH1195N0001HG sita na avenida Rodrigo de Mendoza, s/n, esquina rúa Ramón Cabanillas, promovido por ORV Contrataciones de Galicia, S.L., e redactado polo arquitecto Carlos Berride Abalo, asinado dixitalmente o 12.11.2024.
Segundo. Publicar no prazo dun mes no Diario Oficial de Galicia o acordo de aprobación definitiva.
Terceiro. Publicar no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.
Cuarto. Remitir o expediente, en soporte dixital, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co sinalado no artigo 88 da Lei do solo de Galicia.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que crean oportuno.
Vilagarcía de Arousa, 5 de febreiro de 2025
Alberto Varela Paz
Alcalde
