
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Código/s CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).
4. Código/s NUTS do lugar principal do servizo: ES111 Arteixo (A Coruña).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de saneamento na parroquia de Monteagudo. Fase I. Arteixo (A Coruña)-obra con referencia de expediente AUG-2024-0017. Referencia de expediente: AUG-2024-0045.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 18.026,10 euros. Importe total: 21.811,58 euros.
8. Valor estimado do contrato: 24.189,82 euros. Inclúe o orzamento de licitación (18.026,10 euros) e a/as prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (6.163,72 euros).
9. Prazo de execución do contrato: 6 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 2 meses.
10. Criterios de adxudicación.
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), análise do documento técnico da obra (20), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipamentos e unidades de obra (17), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (12) e medidas para o impulso demográfico (10).
11. Data da adxudicación do contrato: 13 de novembro de 2024.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 2.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 2.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou realización do contrato: 26 de novembro de 2024.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Consultora de Ingeniería, Medio Ambiente y Arquitectura, S.L.
14.2. NIF: B15952369.
14.3. Enderezo: r/ Bugallal Marchesi, núm. 12, 1º dta. 15008 A Coruña.
14.4. Código NUTS: ES111.
14.5. Correo electrónico: administracion@cimarq.es
14.6. Fax: 981 90 31 96.
14.7. Teléfono: 630 85 86 56.
14.8. Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 15.046,39 euros. Importe total: 18.206,13 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.
A actuación encádrase dentro do PDR na medida 7: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais; submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía; prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.
17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado:
17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.
Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
– Publicación do anuncio de licitación no perfil de contratante: 9 de abril de 2024.
– Publicación da adxudicación no perfil de contratante: 14 de novembro de 2024.
– Publicación do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 28 de novembro de 2024.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2025
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
