DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20250010TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 24 de xaneiro de 2025, a directora territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 20250010TA-PO contra a persoa titular do NIE Y7554440N.

Logo de intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselle á persoa titular do NIE Y7554440N o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións, ante esta dirección territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento, sito en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle de que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2025

Natalia Botana Rey
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 20250010TA-PO.

NIE da persoa denunciada: Y7554440N.

Último enderezo coñecido: rúa Pizarro, 5, baixo, Vigo (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 7, letra w), «Prohíbese fumar en: w) Recintos dos parques infantís e áreas ou zonas de xogo para a infancia, entendendo por tales os espazos ao aire libre acoutados (...) para xogo e espallamento de menores».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: «Consideraranse infraccións leves: a) Fumar en lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto».

Sanción proposta: seiscentos euros (600,00 €).